martes, 12 de marzo de 2013

A República Romana


v -A REPÚBLICA ROMANA foi un periodo da historia de Roma caracterizado polo réxime republicano como forma de goberno, que se extende dende o 509 a.C, ata o 27 a.C.
-A República chegouse despois da expulsión do último rei (Lucio Tarquinio el Soberbio) e o remate da monarquía romana. Ríxese por unha constitución complexa, que se centrou nos principios dunha separación de poderes, controis gubernamentais e equilibros de poder. A evolución da República Romana foi fortemente influenciada pola loita entre a aristocracia, patricios e os romanos con riquezas, pero que non eran de familias nobres.
-O termo República provén das voces latinas Res: Cosa e Pública: Pobo.
-Nesta época o exército romano impón a súa autoridade e dominio nunha extensa zona do mundo coñecido, que inclúe terras de Europa meridional, Asia Menor e África setentrional. Neste proceso de expansión impón o selo da súa cultura, pero ao mesmo tempo asimila o complexo cultural dos pobos conquistados e Roma convírtese, deste xeito, na herdeira e depositaria da cultura da Antigüedade.

v -ASAMBLEAS QUE HABÍA NA REPÚBLICA:
A Antiga república romana tiña os poderes gubernamentais separados en 4 asambleas: O Comicio por curias, o Comicio por centurias, o Comicio por tribus e o Consello ou Asamblea da Plebe.
A diferencia das cámaras modernas, estes corpos representativos combinaban as funcións xurídicas, lexislativa e electorais, como o facían os maxistrados. Aínda que non existía unha separación clara de poderes, o equilibro constitucional e a división de poderes na República foi notablemente elaborado.

1. Os comicios curiados: era a máis antigua asamblea romana despois do Comisio Calata. Cada unha das tres tribus antias tiña 10 curias e estas á súa vez 100 homes. En total eran 3.000 persoas que constituían as curias xuntas. Este órgano, nun principio, elexía aos máis altos maxistrados, pero posteriormente só confimaba e inauguraba as eleccións da Asamblea por Centurias.

2. Os comicios centuriados: o comicio por centurias incluía a patricios e plebeos organizados dentro de 5 clases económicas e distribuidos entre división internas chamadas centurias. A membresía da Asamblea requería certo estatus económico e o poder recaía nos membros da primeira e segunda clase. A asamblea reuníase anualmente ara elixir aos cónsules e pretores, e cada cinco anos para elixir aos Censores. Tamén se reunían para intentar casos de alta traición, aínda que esta última función acabaou recaendo en desuso.
O voto dun cidadán non contaba dentro da Asamblea por Centurias. Mais o voto individual era contado dentro da súa Centuria e determinaba o voto final desa Centuria.

3. Os comicios tributos: o comicio por tributos inclúe a patricios e plebeos distribuidos entre 35 tribus nas cales todos os cidadáns romanos son ubicados para propósitos administrativos e electorais. A mayoría da poboación urbana de Roma estaba distribuída entre 4 tribus urbanas, o cal significaba que os votos individuais eran insignificantes. Como na Asamblea por Centurias, o voto era indirecto, con un voto proporcionado por cada tribu. O voto era polo tanto inclinado a favor das 31 tribus rurais. A asamblea por tribus reuníase no Foro Romano, elixía aos ediles e aos cuestores. Pero aos tribunos da plebe non os elixía a asamblea tribal, senón a asamblea da plebe, a que non tiñan acceso os patricios.

4. Asamblea da plebe: era elixida polos cidadáns que compoñían a plebe. Os tribunos da plebe xurdiron como contrapoder dos cónsules, en número de dous e para defender aos plebeos. O seu nombramento correspondía ao Concilium plebis.
A súa función esencial era a de protexer a plebe individualmente ou como clase, contra eventuais arbitrariedades dos maxistrados patricios.

v MAXISTRATURAS:
Chámase maxistratura romana á dignidade, cargo e conxunto de atribucións coas cales, na Antiga Roma, se investía a un cidadán para que desempeñara determinadas función relacionadas coa administración e dirección política da cidade.
Na República Romana o lugar do rey foi ocupado polos maxistrados aos que se lles chamou primeiro pretores e despois cónsules.
Co tempo, as funcións dos cónsules disgregáronse nunha serie de novas maxistraturas: a cuestura, a censura, a pretura a edilidade e a pretura peregrina. Todas elas compartían as características de ser colexiadas, temporais e responsables.
Ditas maxistraturas constituían o goberno regular da cidade, e por iso eran chamadas ordinarias. Frente a elas, creouse a ditadura, a cal foi incorporada á constitución republicana co carácter de maxistratura extraordinaria.

ü Maxistraturas ordinarias maiores:
1.    O consulado (cónsules): denominouse consulado á maxistratura romana que sustituíu á monarquía ao fronte do Estado. Ocupábanse de executar leis e tomar as decisión máis importantes. Cada ano elexíanse dous cónsules.

2.    A pretura (pretores): os pretores eran os encargados de presidir os tribunais, durante un ano, aínda que finalizado este tempo podían convertirse en propretores e gobernar outro ano sobre uns territorios determinados. Eran oito, e podían considerarse os axudantes dos cónsules. Encargábase de realizar os xuizos, e aplicar os castigos aos culpables.

3.    A censura (censores): as función do censor estaban inicialmente confiadas ao cónsul, que podía delegalas. Exercíanse cada cinco anos e ao rematar realizábase un ritual de purificación con varios sacrificio chamado Lustro. As súas competencias consistían en revisar a lista dos cidadáns, a do Senado e decidir que obras públicar iban ser costeadas pola República. As súas tarefas realizábanse durante 18 meses, e remataban coa realización da ceremonia lustral xa reseñada, cesando inmediatamente no cargo.

ü  Maxistraturas ordinarias menores:
1.    A Edilidade (edís): eran os maxistrados menores sen imperio. Orixinalmente creáronse, á marxe da constitución romana, edís plebeos como asistentes do tribuno da plebe. Logo estableceuse o edil curul, como maxistrado constitucional patricio. Dada a igualdade de funcións, os edís curúes e os plebeos acabaron confundíndose nunha soa maxistratura. As súas funcións eran: cuidar a orde pública; organizar xogos e festas públicas; vixiar a orde e resolver as controversias que puideran presentarse nos mercados. Ocupábanse de administrar as cidades romanas.

2.    A cuestura (cuestores): Os primeiros cuestores foron xueces encargados dos casos de asesinato da alta traizón. Eran nombrados para cada caso e non constituían unha maxistratura permanente. Simultáneamente a estes cuestores xudiciais existiron os cuestores administrativos, nos cales delegaba o rei a administración dos fondos públicos. Coa república as súas función pasaros aos cónsules, que as delegaron en dous cuestores civís (para o Tesouro público) e en dous cuestores militares (para as arcas do exército). Máis tarde o seu nombramento pasou aos comicios tribunados.

v  O SENADO ROMANO:
O senado (do latín "senex, senis", ancián) foi unha das institucións do goberno da Roma antiga . Orixinouse como unha institución consultiva da monarquía romana, formado exclusivamente por patricios (un representante de cada gens), e adquiriu maiores prerrogativas coa República, en que pasou a referendar a través da súa auctoritas os actos dos cónsules, estendendo a súa competencia aos actos doutros maxistrados e Comicios, temas relixiosos, conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.

O senatus consultum é un termo latino arcairo que empregaba o Senado Romano en tempos da República cando ésta estaba amenazada. As siglas SPQR (Senatus Populusque Romanus) foi o anagrama para definir ao senado durante a República e aparecía nas moedas, documentos oficiais, acordos, etc.
O seu lema era consules darent operam ne quid detrimenti res publica caperet o bien videant consules ne res publica detrimenti capiat (“os cónsules deben facer o que sexa en defensa da República). O senatus consultum ultimun reemplazou á ditadura, dando aos maxistrados poderes semi-ditactoriais co obxeto de preservar os poderes do Senado e defender a República. Trala consolidación do Principado, este decreto era de tan pouca utilidade que non se volveu a utilizar de novo.